O Cunqueiro, primeiro hospital galego en realizar implante minimamente invasivo de protección nas  carótidas

Parte do equipo multidisciplinar que realizou os implantes de carótidas.

Grazas á colaboración dos servizos de Cardioloxía, Cirurxía Vascular, Neuroloxía e Neuroradioloxía, foi posible realizar esta técnica aos dous primeiros pacientes

Trátase dun dispositivo de última xeración tecnolóxica que, cunha picada no colo, introdúcese  directamente nas carótidas a través dunha ecografía guiada

O Hospital Álvaro Cunqueiro ven de realizar os primeiros implantes minimamente invasivos de protección nas arterias carótidas de Galicia, sendo o segundo centro hospitalario español no emprego desta novidosa técnica, que se está  a desenrolar nun estudo de envergadura mundial, so en centros seleccionados de alta capacitación.

Os dous implantes realizados ata agora leváronse  a cabo por un equipo multidisciplinar composto por especialistas en Cardioloxía, Cirurxía Vascular, Neuroloxía e Neuroradioloxía. Os implantes foron un éxito e os pacientes están de alta e nas súas casas, desenvolvendo a súa vida habitual.

Segundo explica o investigador principal do estudo o cardiólogo intervencionista e Director da Unidade de Investigación Cardiovascular, Victor Jiménez “trátase dunha futura opción terapéutica para protexer aos pacientes que xa sufriron un Ictus e prever así novos episodios cerebrovasculares; con este procedemento pódese diminuír ese risco de accidente cerebrovascular de xeito moi significativo, ata  nun 90% de casos”.

A maioría  dos Ictus ou accidentes cerebrovasculares prodúcense a través das arterias carótidas, que están emprazadas a cada lado do colo, e son os vasos sanguíneos que levan sangue ao cerebro e cara. Ás veces, a través do fluxo sanguíneo se desprazan tamén coágulos de sangue que, de achegarse  ao cerebro, poden causar obstrución e producir un accidente vascular.

Os pacientes susceptibles de implante de carótidas son moi seleccionados, cuns criterios moi concretos. Son pacientes con fibrilación auricular, que xa sufriron un accidente cerebrovascular e que presentan moi alto risco de que se lle repita, aínda que estean con tratamento médico, con anticoagulantes orais.

Tecnoloxía moi novidosa e revolucionaria

O dispositivo a implantar é similar a un molle en forma de espiral de nitinol.  É unha tecnoloxía moi sofisticada, deseñada en Israel.

O especialista, dunha maneira minimamente invasiva, cunha picada no colo, introduce directamente o dispositivo  nas carótidas a través dunha  ecografía guiada. Non necesita anestesia ou sedación.

Unha vez achégase á carótida, a espiral se desprega ao redor da arteria para cubrila e protexela, actuando como un filtro que evita o desprazamento dos coágulos cara ao cerebro.

O Hospital Álvaro Cunqueiro foi elixido par iniciar este procedemento debido á capacidade técnica e ao potencial investigador dos seus especialistas. “Estamos moi satisfeitos con este proxecto, xa que os resultados nestes 2 primeiros pacientes son espectaculares, non presentaron  ningún tipo de complicación, con molestias mínimas. Temos que incrementar a casuística e hai que seguir estudando, pero todo indica que estamos ante un procedemento revolucionario na abordaxe das patoloxías cerobravasculares  e que diminuirá  a morbimortalidade dos nosos pacientes”,  asegura o Dr. Jiménez. 

Estudo Mundial

A Unidade de Investigación Cardiovascular, xunto co resto de servizos, está participando nun estudo internacional que ten por obxecto validar a seguridade e eficacia desta nova técnica, realizando un seguimento continuado dos pacientes durante un período de 2 anos.

Os profesionais realizarán outros 5 implantes máis, polo que aportarán 7 pacientes a esta investigación internacional.