A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación da Fase IV da avenida Alcalde Gregorio Espino cun importe de licitación de 1.600.000
Abel Caballero anunciou que a Xunta de Goberno Local ven de aprobar a humanización da avenida Alcalde Gregorio Espino en su Fase IV que vai desde a rúa Águia ata a rúa Merlo cun importe de licitación de 1.600.000 euros.
A cuarta fase da humanización da Avenida presenta un prazo estimado de dez meses de obras, segundo informou este xoves o alcalde en rolda de prensa, e manterá os dous carrís de circulación por sentido, a mediana e vinte dous prazas de aparcamento, ademais de finalizar con beirarrúas de granito de seis metros de ancho.
Entre as características principais da obra, Caballero subliñou a renovación das redes de iluminación con 25 puntos de luz LED, novas canalizacións de abastecemento, rego, semaforización e saneamento, a conservación de trece árbores existentes e a plantación doutros tantos exemplares, xardineiras, papeleiras e oito bancos.

