O MARCO acolle ata o 31 de outubro a exposición da artista Glenda León “Música das formas” que articúlase en dous espazos que trazan un percorrido por obras clave na traxectoria de Glenda León –instalacións, series de debuxos, esculturas, fotografías, obra sobre papel, instalacións in situ– dende 2008 ata a actualidade, que combinan diferentes técnicas e soportes.
A montaxe e disposición das obras saca partido das peculiaridades das salas do Museo, en diálogo sutil cos espazos, adaptando as pezas ás súas dimensións, trazado e altura, cunha obra producida especificamente para este proxecto –Xardín emocional (2011-2021)– que debuxa unha liña lonxitudinal ao longo do podio central da primeira sala.
Tras o seu paso polo MEIAC de Badaxoz, a artista Glenda León chega a Vigo coa exposición Música das formas, que completa a programación do MARCO para esta tempada.
Glenda León (A Habana, Cuba, 1976), que estudou ballet clásico, filoloxía e historia da arte na Habana, comezou a expoñer en 1999.

