Esta actuación permitirá ao Concello recibir de xeito gratuíto un bulevar de 30 metros no que se integrará un carril bici, unha zona peonil e un parque
A Xerencia de Urbanismo dará luz verde a ordenación provisional para o ámbito de Cruceiro ao amparo do Instrumento de medidas provisionais. A continuación, será validado na Xunta de Goberno para ser aprobado na próxima sesión plenaria.
O ámbito de Cruceiro vai desde a rotonda da Avenida de Europa coa VG20 ata o cruce regulado con semáforo con Camiño Freixeiro e rúa San Paio. A propiedade cederá gratuitamente ao Concello un bulevar do mesmo ancho do de Coia, 30 metros, que arrancará desde a avenida de Europa e chegará ata Finca Solita. Este espazo contará con carril bici, con zona peonil e unha zona de xogos diante de Navia e do colexio Amor de Dios. Deste xeito, a zona converterase nunha primeira pedra moi importante da continuación dese gran parque lineal que unirá As Travesas e Samil.
Con esta actuación, o Concello habilitará solo para materializar 40.887 m² de uso terciario, categoría gran superficie comercial na que se instalará Bricomart, do grupo Leroy Merlín.

