Presentan una querela nos xulgados de O Porriño contra Manuel Carlos Mouriño Atanesa como representante do Real Club Celta de Vigo, S.A.D., e contra Nidia María Arévalo Gómez así como aos demais membros da Xunta de Goberno Local do Concello de Mos
A Comunidad de Montes de Tameiga anunciou hoxe que ten presentado una querela nos xulgados de O Porriño contra Manuel Carlos Mouriño Atanesa como representante do Real Club Celta de Vigo, S.A.D., e contra a alcaldesa de Mos, Nidia María Arévalo Gómez, así como contra os demais membros da Xunta de Goberno Local do concello.
Nun comunicado emitido hoxe, a Comunidade de Montes demanda á xustiza que se acorden, como medidas cautelares, a suspensión das obras e, no suposto de estar concluídas, a prohibición do uso do construído. «Para asegurarse da efectividade desta medida se solicita ademais o precinto da edificación en cuestión e o apercibimento aos querelados de incorrer en delito de desobediencia ou de quebrantamento de medida cautelar no caso de quebrantar o precinto», apuntan.
Así mesmo, requiren ao Xulgado de O Porriño que se oficie á APLU para que realice á maior brevidade presuposto de demolición das obras e que se requira aos querelados para que afiancen a cantidade presupostada. Ademais requiren que «para garantir a demolición se faga un expreso apercibimento de embargo de bens no suposto de os querelados non presten a fianza fixada».
Na querela presentada, expoñen, sinálase que «co fin de sortear a tramitación e aprobación dun PEID e de favorecer o inicio prematuro das obras, a Xunta de Goberno Local do Concello de Mos concedeu dúas licencias nun intento de minimizar o alcance das obras mediante un fraccionamento do proxecto por fases: primeiro autorízase o campo de fútbol –dobre– e o aparcamento, e despois autorízanse os vestiarios e o resto de instalacións».
«Isto supón unha concesión de licencias sabéndoas contrarias á lei. A Xunta de Goberno, co fin de sortear a tramitación e aprobación dun PEID e de favorecer o inicio prematuro das obras, concedeu as licencias intentando minimizar o alcance daquelas mediante un fraccionamento do proxecto por fases. A asesoría legal da Comunidade de Montes entende que todas estas actuacións poden ser constitutivas de delito por prevaricación penado coa prisión dun ano e seis meses a catro anos e a de multa de doce a veinticuatro meses«, denuncian.
A Comunidade de Montes de Tameiga denuncia que as obras executadas exceden claramente os proxectos licenciados. O proxecto técnico licenciado para os vestiarios e instalacións auxiliares imprescindibles, sinalan, «prevía tres pezas independentes de dous andares unidas baixo unha cuberta unitaria. Sen embargo, as obras que se están executando exceden con moito do proxecto licenciado, pois a superficie executada é manifestamente superior á permitida pola licenza na que pretenden ampararse».

