O portavoz, Rubén Pérez, destaca que estes deben adicarse a paliar a situación económica actual derivada do Covid
O grupo municipal da Marea de Vigo pediu hoxe responsabilidade ao goberno local á hora de usar os remantentes de tesourería. Neste sentido, o voceiro, Rubén Pérez, subliñou que “a suspensión das regras fiscais xa permite usar os remanentes”, lembrando que era “rotundamente falso que o remanente só se puidese usar en actuacións chamadas humanizacións».
Neste sentido, Pérez indicou que 33 dos 92 millóns de euros que hai na caixa acaben na súa totalidade na obra pública “nun momento no que a cobertura social e os investimentos en axudar ao tecido comercial e económico da cidade deben ser prioridade absoluta é pensar que dende marzo ate aquí non ten acontecido nada”. “Caballero vive nunha cidade que xa non existe, o Vigo amenazado pola crise da COVID-19 non ten ni terá prioridade de losetas, bancos ou delirantes cubricións de tranvías ornamentais con metacrilato”
Marea de Vigo apela ao Goberno local á responsabilidade e á cordura, considerando que “con 33 millóns de euros hai recursos para habilitar axudas ao comercio e hostalería da cidade, para habilitar campañas que promocionen o comercio local e garantir apoio económico e non palmadiñas nas costas aos miles de negocios ameazados na cidade por uns meses terríbles en canto a ventas e creación de emprego”.
Para a Marea de Vigo, queda claro que o único que hai que vixiar son os compromisos de estabilidade financeira, polo que “os usos relacionados coa reactivación económica e sostenibilidade de sectores tan importantes na cidade como o comercio, hostelería e pequenos autónomos é absolutamente compatible ademais de necesarios a día de hoxe” conclúe Rubén Pérez.

