A líña H1, que conecta o centro de Vigo co Hospital Álvaro Cunqueiro, modificará o vindeiro luns o seu percorrido e realizará a ruta a través da Avenida de Fragoso, tanto de ida como de volta
Pola súa parte, a H2 que tamén conecta co centro médico manterá o percorrido pola Avenida de Castrelos
Desde o vindeiro luns 28 de setembro a liña H1 realizará unha modificación no seu percorrido. Así, manterá a súa ruta desde Policarpo Sanz ata Praza de América e despois circulará pola Avenida de Fragoso, tanto á ida como á volta, en vez de a Avenida de Castrelos.
Pola súa banda, a liña H2, que sae de Greogrio Espino e tamén conecta co Álvaro Cunqueiro, manterá o seu percorrido de ida e volta pola Avenida de Castrelos.

