59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos

A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado, a Paradanta, Salceda de Caselas e Tui, O Concello de Covelo e a organización da marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino mantiveron unha reunión de traballo para ultimar os preparativos. O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e os organizadores da marcha, Jesús Carballido e Andrés Cabana, repasaron as necesidades do tramo que percorre o concello.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

Como novidade, a organización adiantou que o 26 de maio, data prevista para a marcha, homenaxearán ao exciclista Suso Carballido contando como convidado especial co gañador da La Vuelta a España 2005, o ciclista Roberto Heras.

A día de hoxe xa hai 250 inscritos pero a organización prevé chegar aos 400. A marcha ofrecerá dous itinerarios, un curto e outro longo de de 67 e 123 km respectivamente tendo o primeiro 1000 metros de desnivel acumulado nun recorrido exixente pero asumible e o segundo 2150 metros de desnivel acumulado. O alcalde de Covelo sinala que o paso da marcha cicloturista Clásica Álvaro Pino é sempre recibida con ledicia e ilusión ao ser esta unha vila con moitas persoas afeccionadas ao ciclismo. “Somos un destino moi habitual para ciclistas de toda a área metropolitana, é doado ver pasar ciclistas calquera día da semana aínda que nas fins de semana se incrementa o número de persoas e incluso de grupos que practican este deporte tanto de montaña como de estrada no noso concello aproveitando para descobrir paisaxes e tamén a nosa gastronomía”.