246 profesionais incorpóranse como persoal fixo á Área Sanitaria de Vigo

No día de onte, comenzou a toma de posesión de 246 profesionais sanitarios na Área Sanitaria de Vigo

Do total dos 246 profesionais que elixiron os a Area Sanitaria de Vigo, 228 superaron o concurso oposición (OPE) e 18 obtiveron o concurso de traslados

Trátase de 167 licenciados sanitarios, 66 Técnicos Superiores e 13 Técnicos de Farmacia

Con esta medida avánzase no obxectivo do Sergas de reducir a taxa de eventualidade da organización e na estabilidade no emprego dos profesionais

No día de onte comenzou a toma de posesión como persoal fixo dos 246 profesionais sanitarios que elixiron a súa praza en propiedade na Área Sanitaria de Vigo. Do total dos profesionais, 167 licenciados sanitarios, 66 Técnicos Superiores e 13 Técnicos de Farmacia.

O proceso prodúcese como consecuencia da resolución do concurso-oposición e concurso de traslados de determinadas categorías sanitarias, procesos que promoveu o Sergas como medida de conciliación laboral e familiar e para consolidar postos de traballo fixos nos distintos centros.

Trátase dun movemento de persoal moi importante xa que toman posesión 152 facultativos especialistas de área; 14 médicos de urxencias hospitalarias; 1 médico de admisión e documentación clínica; 66 técnicos superiores das diferentes especialidades -laboratorio, radiodiagnóstico, anatomía patolóxica e hixienista bucodental- e 13 técnicos de farmacia.

O persoal nomeado dispón dun prazo posesorio para incorporarse á praza adxudicada,  dependendo do seu centro de orixe, aínda que no día de onte tiveron lugar a maior parte das incorporacións.

Deste xeito, o Sergas avanza no obxectivo da estabilización no emprego dos profesionais sanitarios nos nosos centros. É un paso máis no importante esforzo de planificación da Dirección de Recursos Humanos, na procura de potenciar a estabilidade laboral do persoal temporal e unha mellora na conciliación da vida persoal e profesional das persoas que fan posible que os centros sanitarios manteñan a súa actividade os 365 días do ano.

A Área Sanitaria de Vigo da unha especial benvida aos 86 profesionais que son de nova incorporación nos seus centros, pasando a formar parte da organización e do conxunto dos profesionais que no día a día desenvolven a actividade asistencial e o coidado dos pacientes. En conclusión, con esta medida, a Área de Vigo reduce a taxa de eventualidade da organización e dota de maior estabilidade no emprego ao persoal das distintas categorías profesionais, favorecendo a conciliación laboral e familiar, mellorando a continuidade asistencial e paliando o déficit de profesionais sanitarios.