1,5 millóns para mellorar a seguridade do túnel de Beiramar

A Xunta de Goberno local aprobou o proxecto de mellora das instalacións do túnel de Beiramar por un importe de 1,5 millóns. A intención do goberno local é “levar a seguridade desta instalación ao grado máximo” polo que implementará un novo sistema de iluminación de emerxencia así como un novo cableado de iluminación resistente ao lume.

Segundo detallou, substituiranse os detectores de lume, incorporaranse cables sensores para a detección rápida en caso de incendios, renovarase a sinaléctica das saídas de evacuación e colocaranse portas resistentes ao lume, ademais de integrar todos os novos equipamentos no centro de control.

O rexedor subliñou que esta mellora é asumida polo Concello, «sen apoio económico nin da Xunta nin da Autoridade Portuaria».