A alcaldesa, Nidia Arévalo, e o xerente do CHUVI, Javier Puente, asinaron onte o convenio de colaboración, único entre todos os concellos da Área Sanitaria
Mos é o único Concello da Área Sanitaria de Vigo adherido ao convenio de colaboración para a realización da rotación por parte de residentes de enfermería nos Servizos Sociais Comunitarios. Onte pola mañá asinouse na Xerencia do CHUVI sita no Hospital Álvaro Cunqueiro o convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e o Concello de Mos (departamento de Política Social) para a formación de especialistas en enfermería familiar e comunitaria pertencentes á unidades docente multiprofesional de atención familiar e comunitaria da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo. Mediante o mesmo 10 especialistas en enfermería familiar e comunitaria farán rotacións nos Servizos Sociais de Mos durante o vindeiro ano 2024.
A sinatura realizouse entre o Xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; que acudiu acompañada da concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, e Loli Lago, a traballadora municipal responsable dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Mos e que será a colaboradora docente que titorizará e avaliará aos enfermeiros/as en rotacións no departamento.
O interese de ambas entidades, SERGAS e Concello de Mos, ao subscribir este convenio é colaborar na formación de especialistas de Enfermería Familiar e Comuniatria da Unidade Docente Multiprofesional de Atención familiar e Comunitaria da Área Sanitaria de Vigo. O desenvolvemento científico e tecnolóxico acompañado dunha mellor formación e capacidade resolutiva dos e das profesionais sanitarios/as derivan en unha mellora na calidade da Atención
Primaria, o que supón o incremento na demando dos seus servizos, e é neste punto onde a especialidade de Enfermería Familiar e Comunitaria responde aos requerimentos de saúde motivadas polos cambios sociais dos últimos anos.
Entre os contidos formativos de cada unha das áreas competenciais que integran este programa atópanse a atención ás persoas anciáns, ás familias e á saúde ante situación de fraxilidade ou risco sociosanitario e tamén, todo o relacionado coa Saúde Pública e Comunitaria e coas súas competencias docentes.
Deste xeito o Concello de Mos, a través do seu departamento de Servicios Sociais, o Servizo Galego de saúde e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, a través da Área Sanitaria de Vigo, están dacordo en axuntar esforzos dentro do marco de competencias que é propio de cada un deles, para atender proxectos de interese común.
Os/as enfermeiros/as participantes neste programa de prácticas formarán parte dun axeitado desenvolvemento do itinerario formativo no ámbito familiar e comunitario dentro do marco dos principios de interdisciplinariedade e multidisciplinariedade dos equipos profesionais na atención sanitaria.
A fin de cumprir o devandito obxectivo, os especialistas e as especialistas en formación participarán na atención dos casos sociais, das súas familias e comunidades, dunha forma continua e nos distintos aspectos da promoción da saúde, prevención do avance da enfermidade, recuperación e rehabilitación no seu entorno e contexto sociocultural.
Poderán participar nesta iniciativa aqueles/as titulados/as de Enfermería que, durante o prazo de vixencia do convenio, superen as probas selectivas anuais para o acceso as prazas de formación sanitaria especializada correspondentes á especialidade de Enfermería Familiar e Comunitaria, e obteñen praza na Unidade Docente Multiprofesional de Atención familiar e Comunitaria da área Sanitaria de Vigo.
Como xa se dixo o departamento de Servizos Sociais do Concello de Mos contará coa Traballadora Social, Loli Lago, como colaborador/a docente (nomeado pola área Sanitaria de Vigo) que participará na organización, titorización, supervisión e avaliación da rotación dos especialistas en formación polo dispositivo.

